
Comentario de José Castro Rozas
Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
Na miña opinión, o libro “Unha rosa
é unha rosa” de Suso de Toro é unha obra teatral moi entretida á par que
divertida, mais o teatro non é o tipo de literatura que máis me agrada, todo o
contrario. Non me atraen este tipo de lecturas xa que manteño preferencia polos
xéneros nos cales a lectura se realiza dun xeito máis continuado, como pode ser
nunha novela, na cal non é necesario ler
en que momento debe falar cada personaxe dado que se ve claramente a acción que
realiza cadaquén sen ter que representalo dun xeito tan literal.
Por outra parte, dicir que
con esta creación leveime varias sorpresas a medida que avanzaba unha páxina
tras outra, en primeiro lugar esperábame unha típica historia tan romántica como irreal, nas cales se fan crer
en amores imposibles; en segundo lugar
non me esperaba un traballo tan próximo á realidade, xa que, aínda que pareza
un simple conto, hai moita xente sen conciencia capaz de todo cando se deixan
levar pola súa ambición, como se mostra na historia.
Sen comentarios
Publicar un comentario