O libro en xeral gustoume moito, xa que é moi
orixinal e foime moi doado de ler.
Pareceume un gran detalle o feito de que a historia
da película do Dr. Colombo semellara á realidade que ocorre entre Adela, Pololo
e a vella.
Quería destacar unha frase do libro na que a vella
di: “¡Que barbaridade, canta matemática sabedes todos ! Pero mira que Pololo é
home e os homes saben máis, que as mulleres somos algo parvas para esas
cousas”,: esta frase non me gustou xa que as mulleres poden saber tanto coma os
homes.
A forma de
falar de Borja non me parece moi normal, non se lle entende nada do que di e o
seu pai, Foncho, debería corrixirllo en vez de falarlle da mesma forma.
Penso que ao final hai xente que non debería morrer
porque eran inocentes e o libro debería acabar cun final máis feliz.
Sen comentarios
Publicar un comentario