ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

25/10/14

Unha Rosa é unha Rosa


Comentario de Nerea Álvarez


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
 


Esta obra de teatro reflexa o interese que teñen uns sobriños pola herdanza da súa tía.
Este libro axudoume a comprender que non todos queremos as nosas familias porque nos coidan e nos axudan senón que tamén hai xente que as quere polas herdanzas. Isto aparte de ser miserábel é algo vergonzoso xa que a tía, neste caso, só quería o mellor para os seus sobriños Pololo e Adela. Os sobriños parecéronme moi miserables.
Ambos os personaxes son de diferente ser, é dicir, Pololo é un home “nugallán” e machista, e polo que respecta a Adela, ela é unha muller que quere  triunfar miserabelmente  e é avariciosa. Pero por moitas diferenzas que teñan queren a herdenza da súa tía.
Aínda que é a primeira vez que leo unha obra de teatro gustoume moito coas pequeñas introducións que habían do detective Colombo porque me axudaron a comprender moito mellor a historia e os personaxes.
O que menos me gustou desta obra de teatro foi o comezo da historia, porque non estaba moi preciso o que ían a facer os sobriños e iso desconcertoume un pouco.


Sen comentarios