Paréceme
entretida porque cada vez que lía quería seguir lendo ata acabar o libro.
Ao principio custoume seguir o libro porque ás veces xa
non sabía se quen falaban eran os do programa da televisión ou eran algúns
personaxes da casa.
En canto ós personaxes, parecéronme realmente orixinais. En
concreto, o personaxe que máis me gustou foi Rosiña porque foi a única inocente
e a máis real. Por outra parte, Pololo e Adela non me gustaron en absoluto.
En relación ao espazo, creo que podería estar mellor
descrito os edificios que construíron Adela e Pololo ao quedarse coa herdanza
da súa tía: os chales, o campo de golf …
A linguaxe que utiliza o autor é principalmente
coloquial, o que resulta fácil de entender. Ademais, o uso desta linguaxe dos
personaxes representan de maneira máis fiel a realidade.
Por último, reconmedaría este libro á xente nova, xa que
a min en xeral gustoume e pareceume entretido.
Sen comentarios
Publicar un comentario