Comezo
dicindo de que trata o libro. A obra en xeral é un conxunto de relatos que
tratan cada un de cousas totalmente distintas pero que á súa vez teñen algo en
común: todos eles están relacionados coa situación lingüística ou
sociolingüística do galego hoxe en día. Sechu Sende o que pretende con este
libro é que nos decatemos da mala situación coa que conta o galego e mellorala.
O relato que máis me gustou foi o primeiro:
“Falar”, que trata dunha nena dun
ano que sabe que dentro de pouco terá que aprender a falar pero ten un problema
porque non sabe en que idioma falar porque na súa casa fálanse dous idiomas,
seus país falan galego entre eles pero con ela falan castelán. Esta situación
está moi presente hoxe en día xa que moitos país prefiren falarlles castelán
aos seus fillos, cousa que está moi mal porque para que o galego persista debe
ser transmitido de xeración en xeración para que nunca se perda. Tamén me
encantou o relato de “Instrucciones para aprender a hablar gallego” porque
gustoume moito a retranca presente nel. A min paréceme que tivo moita
orixinalidade para poderse meter na pel de moitas mozas e mozos galegos que
desprecian o galego, como se pode ver nas frases de “ Y luego ahora hablas
gallego? Pues te veo rara.” “ Y cómo te
dio por ahí?” “ Y tus padres qué dicen a todo esto?.” Aínda que pensemos que só
é pura retranca da autora e que non pasa, está moi preto e cada vez máis
presente na xuventude galega. Pareceume moi bo libro que recomendo ao cen por
cen. Da escala do un ao dez voulle dar un nove por sacarme sorrisos nalgúns
relatos, e concienciarme aínda máis da nefasta situación do galego, cun
pouquiño de humor, noutros. E por último, só me queda felicitar ao autor.
Parabéns polo libro.
Floco de Millo: ela é booktuber
Hai 8 anos
1 comentario:
Made in galiza trata de facernos ver como se atopa o galego agora en dia dijamos unha forma de reinvindicar o galego. O libro conta con pequenos relatos que nos conta diferentes cousas pero co o seu fin e un só defender o galego e facer reflexionar sobre iso. Este libro gustoume o que ven sendo a facilidade coa que se len e o facil que son de entender . Sen duda a historia que mais me gustou foi "O ladron de palabras " xa que nel contanos a forma en que se vai perdendo a lingua e a vamos deixando de lado para falar cos amigos e familiares ,xa que tome lugar a lingua do castelan para todo o demais.en xeral un valoracion do libro gustoume e volvereino leer nun futuro , recomendolle moito este libro a xente que esta vendo o problema que sofre o galego na actualidade .
Publicar un comentario