Comentario de Sonia Framiñán
Domingo de Resurreción
Fernando
Cabeza Quiles
Toxosoutos
De primeiras este libro non me chamaba nada, comecei a lelo soamente por
curiosidade, por saber de que podía falar un libro con este título e para a
miña sorpresa encontreime cun libro de relatos!
Nestes relatos tan sinxelos e claros amósase unha amenidade, un gran enxeño e sobre todo moito humor. Relatos feitos sobre o soporte da oralidade que resultan moi divertidos. Cóntanse historias reais adozándose con elementos marabillosos e fantásticos que lle dan outro toque.
A pesar de que ao principio non me tivera moi boa pinta, só tiven que ler o primeiro relato para saber que me ia gustar! Foi unha gran sorpresa e seguín lendo por descubrir que novas historias me estaban esperando. Certo é que o bo dun libro está por dentro e non por fóra, pero a pesar de sabelo, o primeiro que acode á nosa vista é o exterior.
Despois desta lectura inesperada podo recomendarllo a todos os lectores cun pouco de ganas e tempo libre, que non só se deben fixar no exterior e é un libro moi fácil e entretido!

Sen comentarios
Publicar un comentario