ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/05/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Andrés Cangas Sánchez


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais
  
 
 
Este poemario gustoume moito xa que paréceme que o autor pretende realizar unha crítica á sociedade actual a través del, basicamente tentando utilizar a ironía para satirizala. Foi un dos libros de poemas que máis me gustaron, porque entendín todos os poemas á perfección e ademais é moi fácil e ameno de ler. Deime conta de que vai dirixido ás mozas e mozos adolescentes sobre todo para concienciarnos da realidade, que nesta sociedade hipócrita de consumo só importa o físico e moi pouco a parte intelectual. Ademais é moi entretido porque utiliza unha linguaxe con termos que se utilizan entre a xuventude. En parte, cambioume a forma de pensar, porque me dei conta de que o que se pretendía con este libro era intentar concienciar ás mozas novas, que son as que máis saen prexudicadas desta sociedade superficialista, de que a vida non se basea en vivir escrava do seu corpo, ou de estar sempre “perfectas”, ou “cools” como di o autor no poemario con moita retranca. O poema que máis me gustou e máis me fixo reflexionar foi “Tatuaxe”, onde a protagonista di que non quere ser o amor de ninguén para sempre, só quere “os seus nomes sobre a área” e non quere ser tatuaxe de ninguén, é dicir, algo que os una pero ata a seguinte “onda”. 
Felicitar a Carlos Negro por este libro, bastante superior a todos os seus anteriores, con creces. E para rematar, uns versos que tamén me gustaron moito:

“5 Razóns polas que cortaría contigo”

Se me fechas portas que non existen
Se me envolves en papel de agasallo
Se me tocas como un mando a distancia
Se me negas moito máis de tres veces
Se me dis que son o aire que respiras

Sen comentarios