ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/05/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Nuno Pérez Fernández


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais
 
 
Este libro fala dos problemas da xuventude actual, porque se refire a modas xuvenís que son prexudiciais para eles, como a bulimia e a anorexia. Falo de modas porque a maioría de xente que ten estas enfermidades é polo rexeitamento que sofren doutras persoas, que as rexeitan por non parecerse as modelos, actrices, etc. Ese modelo que deseñan as revistas e programas de televisión que fan que as persoas perdan a súa autoestima.
  Este libro gustoume porque considero que moitas persoas con estes problemas deberíano ler, porque intenta dicir que hai que afastarse desas cousas, que non che ensine a vestir unha televisión ou unha revista, que non che obrigue a non comer as críticas dos demais, porque se ti segues eses patróns de moda deixarás de ser ti mesmo.
  Tamén creo que este libro deberíano de ler os encargados dalgunhas das campañas publicitarias porque estanse a cargar a autoestima de millóns de adolescentes con todo o que fan.

1 comentario:

Zaira Eiriz Pérez dixo...

Este libro gustoume bastante, Gustoume tanto porque ademais de ter graza, humor, fala unha muller, conta o que lle sucede.
Recomendollo a todos os adolescentes, principalmente as rapazas.
Este libro encantoume, aunque a poesía non me gusta tanto coma un gran relato.