Comentario de Marta Rivas
E agora que?
María Vassart
Edebé
Que ao
comezo do libro poña:
"Esta historia está baseada nun feito real. A noticia apareceu na sección
de sucesos dun xornal. Sucedeu en Madrid" foi algo que me sorprendeu, nunca
vira nada parecido ao comezo dun libro.
No primeiro capítulo todo é desconcertante, non se sabe
por que Ana, a protagonista, está nesa "residencia" nin por que os seus
pais están no hospital e a súa irmá vivindo cos seus tíos en Galicia, tal e
como ela escribe no seu diario. Xa no segundo capítulo todo se entende mellor, e
vese reflexada a vida de días irmás e unha nai que como outras tantas
teñen que aguantar os berros, ameaza e golpes do seu respectivo pai e marido
borracho.
A partir do capítulo tres todo é felicidade, Ana fai amigos e namórase. Case ao
remate do libro xorde unha morte totalemente inesperada, polo menos para min. È
un libro con final feliz.
Gustoume moito, xa que é moi realista e fala de temas moi
interesantes; de vez en cando incluso me sentía agobiada léndoo. Recomendollo á
xente á que lle gusten os libros realistas.
Floco de Millo: ela é booktuber
Hai 8 anos
1 comentario:
Este libro engachoume dende a primeira páxina,onde empeza a contar Ana,a protagonista o que lle sucedeu. Tamén intenta superar o propio pasado xa que non lle deixa moi bos recordos.
Este libro gustoume xa que fala de temas bastantes realista e ese tema e dos meus favoritos
Publicar un comentario