Comentario de Carlos Mato
Os saltimbaquis no paraíso
Xelís de Toro
Sotelo Blanco
Polo título deste libro pensei que ía tratar
doutras cousas, ou polo menos pensei que non ía haber crimes pero polo
visto equivoqueime. Cando comocei a ler e vin os escearios londinenses veume un
pouco de morriña das miñas viaxes alí, polo que as descricións ao meu parecer
son moi boas.
O que máis me gustou foi a secuencia de sucesos,
asasinato fortuíto e fuxida a Galicia, ver como uns londinenses se adaptan a
vida en Galicia non se ve todos os días e ver que un galego non é capaz de
adaptarse á súa vila, menos aínda. Partinme moito a cabeza co da dobre
personalidade, non dobre personalidade pero que non era ninguén en Galicia, e
cando volve a Londres un amigo seu estao a suplantar polo que quedamos que el
non é ninguén.
É un libro bastante entretido e moi dóado de ler polo que é
recomendable que quen lle guste ler o lea.
2 comentarios:
A min o libro sorprendeume moito, o titulo e a portada non te fan imaxinar que vai ser unha historia na que vai haber asasinatos. En xeral o libro non foi moito do meu agrado os libros de asasinatos non e que me gusten moito pero tamén trata de amor un tema que xa me gusta algo mais, pero en xeral resultoume aburrido aínda que hai que destacar que esta moi ben escrito e faino sinxelo de ler.
O libro gustoume bastante, sen dubida foi o libro que mais me gustou de todos os que lin durante todo o curso, debido a que a historia comeza de xeito inesperado e de xeito drástico para o protagonista da historia e a sua ida con eles durante ata chegar a pequena localidade de Galicia. Tamen outros temas que se poder sentir na obra son o tema da amizade que manten o protagonista cos seus amigos durante momentos nos que o protagonista mais os necesitaba e tamen a forma na que os personaxes se van desarrollando durante toda a obra, tanto na sua personalidade como nos momentos mais tensos e o apoio que se mostran entre eles.É un libro que lle recomendo a todas as persoas que lles guste o misterio e as historias tan duras que se tiveron que enfrentar o protagonista como os seus compañeiros, como é o exemplo do momento de marchar ata Galicia e as ganas que tiña de volver o protagonista para o seu fogar.
Publicar un comentario