Comentario de Leticia Couto
Ámote Leo A. Estación de tránsito
Rosa Aneiros
Xerais
Floco de Millo: ela é booktuber
Hai 8 anos
Comentario de Leticia Couto
Ámote Leo A. Estación de tránsito
Rosa Aneiros
Xerais
Este libro ou, quizais diría mellor, esta
triloxía, mostra o curioso paso do tempo. Como a protagonista se comunica coa
súa familia a través de twitter, por correo electrónico ou mesmo por skype en
cuestión de segundos. Se meus avós leran esta historia estrañaríanse moito ao
ver todas as facilidades das que gozamos e das que a metade delas descoñecen.
Teño que confesar que eu, coma Leo,
tamén twiteei. "As oportunidades hai que collelas como veñen". Foi
unha frase que en canto lin me invitou a reflexionar sobre infinidade de cousas
pero por outro lado, non foi a única. "Aí Leo aprendeu que non
importan as palabras, senón saber que hai alguén disposto a escoitarte." A
maneira de escribir de Rosa Aneiros é perfecta xa que o fai de forma clara e
precisa nun tempo moi presente no que non descoida o mínimo detalle e sendo un
galego propiamente falado.
Para Leo, pasar eses seis meses fóra da
casa para poder cumprir o seu gran soño inclúe dar pasos por si mesma, con
satisfacción pero tamén con todos os erros que iso conleva, implica, tras unha
dura loita entre os medos, as esperanzas e as dúbidas, coñecer quen é. Leo
supera obstáculos no seu camiño e lévase sorpresas tan magníficas como
imprevistas. A min persoalmente resúltame incrible a súa maneira de ser polo
simple feito de que é moi contraria á miña; polo feito de que ela é quen de
propoñerse algo e dalo todo por cumprilo e considero que iso é verdadeiramente
admirable xa que, aínda que pareza unha tontería, non todo o mundo é capaz de
facelo. Espero que Ámote Leo A. Terminal de... chegadas?
non me defraude e consiga resolver as dúbidas que me quedan.
Atoparalo en Aventuras, Igualdade, Muller, Rosa Aneiros, Xerais
Sen comentarios
Publicar un comentario