ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/05/14

A esmorga

Comentario de Isidro Gil Pallares

A esmorga
Eduardo Blanco Amor
Galaxia

Logo de ler este libro, a miña visión sobre o que pode chegar a ser unha “esmorga” ou como pode rematar, cambiou por completo. Certamente non me esperaba un libro así cando mo deu a profe. Ademais trátase dun libro super orixinal, traballado, dinámico e entretido.
Pero teño que confesar que me rendín ao principio, xa que está nunha linguaxe que non estou habituado ler e non me decataba moito da historia.
Pero ao día seguinte, veume a cabeza o que lera e fun anuando cabos e deime de conta de que o que lera non tiña mala pinta, e alá fun. Collino con máis entusiasmo e ganas; e incluso ata me acabei acostumando algo ao vocabulario.
Da historia e personaxes prefiro non falar, xa que a min foi o que máis me gustou que non contara con ese contido e a gran orixinalidade do autor.
Só  dicir que aos que lles gustan as festas, intriga, un toque de violencia, tabernas e os costumes galegos en xeral, llelo recomendo, xamais vos imaxinariades que unha “esmorga” puidese rematar así.

PD: Se algún anaco non che quedou moi claro recoméndoche relelo para dar seguido ben a historia, seguramente che pase un pouquiño o principio pero logo xa non che fará falla facer isto.

2 comentarios:

David Varela dixo...

Como case sempre, non sei por onde empezar a comentar. Este libro fixoseme algo pesado de leer ao comezo debido as palabras que utiliza, pero unha vez te vas adaptando xa non costa casi nada.A historia fixoseme rirme pero tamén me fixo pensar, sobre todo no que pode acontecer despois de tomarte unhas copiñas de máis.En canto a historia, fixoseme algo rara, non estou habituado a leer cousas de estilo. Seguramente volva a reeler o libro dentro dun tempo para poder atar esos pequenos detalles que non me quedaron moi claros, como por exemplo a muller do pazo.
Non me quedou moi claro se o libro me gustou ou non, o único claro, que foi un libro único.