ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

25/04/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Manuel Fernández


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais
 


Este libro de Carlos Negro, igual ca 'Makinaria', o anterior libro del que puiden ler, ten un vocabulario simple e tamén se pode ler rapidamente, xa que non é extenso e está escrito en forma de poesía.
O poema trata temas actuais desta época, critica a nosa sociedade por ser capitalista e por venderlle ás mulleres unha imaxe equivocada do que existe realmente. No poema a protagonista é unha muller con carácter, cos seus ideais e cunha actictude de que non lle importa o que a xente pense dela, ela vive no seu propio mundo.
Esta poesía trata temas que lle poden interesar máis aos adolescentes ca ós adultos, xa que pretende enviarlles unha mensaxe sobre como é a sociedade actual.
En xeral, é un bo libro que ten o claro propósito de criticar a nosa sociedade e expresar o seu descontento con ela. 

1 comentario:

Rosalía dixo...

Non estou acostumada a ler libros de poesía, e pensei que tardaría máis en ler estes poemas que, dunha forma critica a adolescencia actual, con poemas como "Areas movedizas". aínda que o poema que máis me gustou foi o que pecha este libro, xa que nesta parte critica aos rapaces.