ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

25/04/14

O mundo secreto de Basilius Hoffman

Comentario de Helena Pereiras Villamayor

O mundo secreto de Basilius Hoffman
Fernando M. Cimadevila
Urco




Este libro de aventuras en xeral non me disgustou, pero hai cousas que cambiaría, como por exemplo todas as explicacións de lendas e demais cousas que hai ao longo do relato, xa que algunhas fanse pesadas e aburridas. Penso que suprimindo isto a parte de facer a lectura máis entretida, diminuiría o número de páxinas do libro e sería menos aburrido. 
A parte diso, hai cachos do libro que me enganchaban, e outros que non moito. Polo tanto, un pouco de intriga máis non estaría mal.
Exceptuando ese par de cousas, paréceme un bo libro co que sen dúbida podes pasar un bo cacho de tempo.
 

3 comentarios:

Daniel Ramos Crespo dixo...

A min persoalmente foi un libro que non me agradou, xa que non me gustan este tipo de libro, de aventuras.
Unha das curiosidades que me chamou a atención foi os moitísimo coñecementos do protagonista, o profesor Hoffman. Xa que era historiador, arqueólogo…aínda que era algo truán.
En resumo foi un libro que non me agradou nada.

Marian Eugen dixo...

foi un libro que non me gustou moito, o xénero de fantasía non me chama moito a atención. Fanse moitas descripcións e eso non me gusta. O tema do libro tamén me parece un tanto infantil. Recoméndoo a xente a que lle guste a fantasía.

Anán Ares dixo...

Estamos a falar dunha trepidante aventura de fantasía bastante longa e moito máis entretida , o que fai que non che importen o número de páxinas. Esta fantástica novela contén o número de personaxes que a min me gusta nun contexto coma ese , no que Cimadevila se expresa dunha maneira que dá gusto ler e de expresións que eu non coñecía (como "a galope tendido" , etc.) , o que incita aínda máis a lela.