ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/04/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Francisco Migual Casas Pico


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais




Segundo libro de poesía que leo deste autor despois de “Makinaria”, e ao igual que me acontecera co anterior non me convence nada o estilo que emprega o escritor nestas dúas obras. Esta novidosa forma de crear poesía non me parece a máis axeitadaademais non é doado comprender certos valores que o autor quere transmitir aos lectores.
Tamén é certo que estes libros poden gañar adeptos entre os adolescentes polos temas que trata, pero eu non son un deles. Tampouco me parece a poesía a mellor forma de concienciar aos rapaces e rapazas sobre estes temas xa que un ensaio ou unha novela cunha boa moralexa parécenme máis acertados. Si que é certo que me gustaría poder ler outros libros deste autor xa que me parece que ten grandes ideas e gran coco aínda que non o poida ver reflectido en exceso neste libro.
 

Sen comentarios