ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/04/14

A gaita gallega

Comentario de Isidro Gil Pallares


A gaita gallega
Xoán Manuel Pintos
Xerais


A Gaita Gallega faime máis orgulloso inda de ser galego. Xoán Manuel Pintos nesta obra moi traballada e con gran cantidade de figuras literarias, versos de todo tipo, enumeracións.... e, sobre todo, sentimento galego, achéganos ao pobo galego, tanto ao bo, coma ao malo xa que en varias ocasións, Pedro Luces, o tamborileiro, se queda atormentado das cousas importantes que mantén esquecidas o pobo galego, e non fai nada por remedialas.
O Libro consta de sete "foliadas" cadansúa con formas totalmente distintas, introducindo en ocasións glosarios de palabras do galego o latín ou do galego o castelán.
Chamoume a atención e logo ao cal me fun acomodando, a que o gaiteiro Cristus, empregase a "j" en vez de a "x" na maioría dos casos.
Recoméndovos que a leades, ao principio vaivos  custar e será algo aceda, pero ídeo lendo pouco a pouco, unha "foliada" cada vez por exemplo, non de golpe, e xa veredes como vos acabará gustando, pola contra se o intentades ler todo de vez resultaravos moi pesado.
Fixádevos ben no seu contido xa que con el aprenderedes gran cantidade de cousas. Mesmo eu me arrepinto de non telo lido antes, xa que así sacaría mellor nota no anterior exame, xa que sabería de máis procedencias latinas.
Para rematar, dicir que penso que é unha obra literaria dun traballo moi grande e excepcional, á cal non se lle dá a importancia que debería de ter.
Pero bueno, como di Luces sobre Sarmiento:
-"Pero, señor, como Pontevedra tiene olvidado a este hombre y apenas hay en ese pueblo media docena que tengan noticia de él?"
Pois eu digo o mesmo deste libro.
-Como o pobo galego ten esquecido o primeiro libro da súa lingua? Como podemos ter esquecidos a personaxes coma Pintos?
- Acaso non é grazas aos precursores que se producira logo un Rexurdimento?

Sen comentarios