ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/03/14

Todo ben

Comentario de Belén Ansedes



Todo ben
Manuel Rivas
Xerais
 
 
Este libro foime complicado ler pola maneira na que está escrito, e cada vez que ía avanzando ía entendendo menos. Tampouco me gustou que tivese tantos personaxes, nin que adornase tanto a trama, nin que houbese tantas descricións e tantos nomes, xa que fai máis difícil a súa comprensión.
A parte do fútbol, hai unha chea de negocios, pero un xornalista de crónicas deportivas e os seus amigos, intentan que nun futuro eses negocios desaparezan. E sen dúbida, a parte que máis me gustou foi na que Marcos Andrade ten que fuxir por publicar a lista, aínda que na miña opinión non conta os detalles suficientes para envolverte na lectura.
 

1 comentario:

Julian Periro dixo...

Este libro fixo que me xurdira un pequeno dilema posto que por unha parte o tema do futbol fíxome pensar que seria outro tipo de libro pero,pero resultoume canso de ler.
Ainda que este libro o puiden cambiar,decidin seguilo lendo e averdade,non me gustou.
Sò lle recomendo este libro a xente a que lle guste o tema do fraude. relacionado un pouco