ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/03/14

A nosa cinza

Comentario de Patricia Lázara Framiñán


A nosa cinza
Xavier Alcalá
Galaxia




Este libro cóntanos a vida de Xoán dende que naceu ata que acabou quinto de bacharelato. Xoán nace en 1947 nunha familia acomodada e galeguista e era o irmán máis pequeno, xa que a nai morrera no parto. Anos despois o pai volve casar e ten outra filla.  Cóntanos como aprende a ler e a escribir cos ensinos de seu avó na casa e máis tarde coas amigas (e algunha profesora particular) de dona Lucía, a súa avoa materna, que lle ensinan inglés, a preparación para a comuñón, etc, e  como, máis adiante, comeza o instituto e o bacharelato, onde coñece a Avelino, o seu mellor amigo e onde máis tarde coñece a Luís, un rapaz de Castela, aínda que ten un “inimigo”, o Souza. Tamén nos conta o seu primeiro amor, Miss Pamela Barklay, a súa profesora de inglés, e despois o seu gran amor Miluca Rodeiro. Este libro é bastante longo e nos dous primeiros capítulos aburrido, pero pouco a pouco vaste enganchando e termínase moi rápido. A verdade é que me gustou. Recoméndollo a aquelas persoas ás que lle interesen coñecer a vida dun rapaz que viviu no 1947.

Sen comentarios