ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/03/14

Que me queres, Amor?


Comentario de
Issiris Katherines Ramirez Medina


Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia
 
 
 
Paréceme un libro moi bonito porque ten moitos relatos interesantes e a maioría dos relatos encantáronme. O primeiro relato que é "a lingua das bolboretas" foi o que máis me gustou porque fala do comezo da guerra civil nun pobo galego e como eran eses tempos. Como tivo que tratar Pardal ao seu mestre e como a súa nai lle obrigaba a facelo. O segundo relato que lin, "o saxo na néboa", tamén me gustou porque cóntanos a súa experiencia nunha orquestra, a orquestra azul, que van tocar a un pobo de Lugo. Neste relato aparecen os sentimentos dun adolescente como o medo escénico ou a atracción por alguén.
"A Leiteira de Vermeer": Trata dun fillo dunha Leiteira que lle conta a súa nai un poema e un cadro de Johannes Vermeer, "A Leiteira". Este conta acerca da súa vida, da súa familia, o que non poidan estudar, conta como o seu avó quería aprender a escribir e que grazas á nai o home que conta a historia puido aprender cousas que non puideron os seus familiares. É un relato que nos ensina a ver o valor das pequenas cousas que temos e que non valoramos. Foi un relato moi bonito e que me encantou moitísimo.
O seguinte relato é "só por ahí". O relato vai dun rapaz que pensando escapar dos seus pais, escapouse e os seus pais estiveron moi preocupados por el pensando que lle pasara algo malo. Eu penso que o relato nos trata de inculcar como ás veces nós por ser cabezudos e non pensamos nas consecuencias. O Relato de "vostedes serán felices" nos ensina a que algunhas persoas menten para que outros sexan felices. O Relato "Carmiña" é moi gracioso e gustoume, fala da historia de Carmiña unha muller moi guapa e O’lis, os cales tiñan relacións.
O relato  "Mister &Iron Maiden" foi o que menos me gustou porque non entendo nada de fútbol e non entendín o relato. O relato do "inmenso Camposanto da Habana" é acerca dun home que traballa nun cemiterio na Habana e que emigrou cara alí, aquí podemos darnos de conta por que a xente emigraba á América e como a describían cando volvían. O relato da moza do pantalón de pirata nos  recorda de como ás veces as cousas non saen como nós queremos, como nos facemos ilusións e ao final non acontece o que ten que acontecer. Trata de dous homes que teñen que cargarse a outro, estes dous homes non se coñecen, cando de repente aparece por alí unha moza nunha bici cun pantalón de pirata.
O relato de conga, conga gustoume porque é moi divertido. Trata dun pallaso que vai a unha festa e ten que lidar cun neno moi desastroso, este neno é moi difícil de tratar e o pallaso termina por darlle a rébancha de verdade que é  interesante. Nas cousas, todo fala e é un relato moi interesante, trata dunha parella onde a muller esta farta de todo que pasa ata que as cousas comezan a falar e todo empeza a ter sentido, eu penso que oxalá as cousas non falen quedan mellor caladas.
O relato de debuxos animados trata de dous amantes que fan debuxos pero os seus personaxes son rivais ten moita graza porque o amor sempre vence fronte a rivalidade iso é o que nos ensina o relato, aínda que moitas non é o certo. O seguinte relato tamén foi dos que máis me gustou é unha flor branca para os morcegos, trata dun policía que encontra a unha velliña e esta lle fala do seu fillo, o poli lévaa para a casa e dáse de conta de que o seu fillo é un convicto pero aínda asi o poli lle axuda a reencontrase co seu fillo. Nos axuda a pensar un pouco sobre como os malos sentimentos poden cambiar.
A luz da Yoko é un relato onde un neno esta moi viciado a un programa de TV onde aparece un can  chamado Yoko. Un dia os seus pais múdanse de casa e o neno ten medo de que no lugar onde van non poida ver o seu programa, o neno cando chega sinte medo na noite pero non quere ir para a cama dos seus pais senón que se poñe a ver TV porque se sinte mellor así. Hai familias onde non existe o amor paternal onde os nenos séntense mellor coa TV que coa súa familia.
O ultimo relato que lin foi a cegada sabedoría co tempo. É un relato con moito significado. Un home conta a súa relación cunha muller e que fracasou pola vergonza. Nos ensina que todos deixamos pasar as cousas boas co tempo. Moitas veces non queremos arriscarnos porque pensamos que imos fracasar, e somos covardes pensando niso.
Neste libro aprendes moitísimas cousas acerca da vida, cousas que son verdadeiras e que aprendes co tempo, a min fáltanme moitas cousas por aprender e espero seguir aprendendo aínda que sexa moi duro aprender cousas.
 

1 comentario:

Rocío Souto Presedo dixo...

foi un libro que me gustou, porque tiña algún relato que xa coñecía.Pareceume un libro entretido e interesante.Eu recoméndoo para todas as idades porque na miña opinión é un libro que lle pode gustar a todas as persoas que o lean.