Comentario de María Framiñán
Proxecto pomba dourada
Miguel Vázquez Freire
Xerais
Este libro engaioloume dende o primeiro
capítulo ata a última páxina .
O libro conta como un rapaz, chamado Arno, ó chegar
da escola atópase a seus pais asasinados. Os pais de Arno eran uns famosos
científicos que tiñan un proxecto para mellorar o futuro de Ferrocoruña:
O Proxecto Pomba Dourada. Para intentar averiguar algo, meteuse no ordenador dos
seus pais e estes déronlle pistas para que só el poida acertar o contrasinal,
que é MERLIN. Tamén sae un vídeo deles no que lle dan unhas claras instrucións
e a localización dun Anel tecnolóxico que lle dará
consellos e que só estará na súa mente, que tamén se
chama Merlin.
Logo foxe a Fisterra, tal e como dixeron seus pais. No camiño coñece a Tullido, Gwendaill e ó xigante Imaz, que son Borrallas. Nesta viaxe, atoparase cunha longa serie de aventuras que poñerán en perigo a sua vida, a dos demais e ó Proxecto Pomba Dourada.

A historia remata cando Arno logra
chegar a Fisterra e entrega o proxecto Pomba Dourada no laboratorio do Mestre
Cego, para así conseguir mellorar o futuro informático de Ferrocoruña e,
probablemente, do mundo.
Sen comentarios
Publicar un comentario