Comentario de Sonia Troitiño LoureiroIsto é un poema e hai xente detrás
Lucía Aldao
Espiral Maior
Que dicir deste libro,
que con só ler os primeiros versos xa me tivo permanentemente atenta e
enganchada.
Isto é un
poema e hai xente detrás é un conxunto de poemas escritos por varios poetas e
onde se atopa un chisco da mellor poesía galega, como Lucía Aldao, Brais
González, Ledicia Costas, Alberte Momán e Verónica Martínez. Pero eu centreime
nos primeiros poemas. Nos poemas de Lucía Aldao.
É a primeira
vez que leo algún libro desta poeta, e quedei moi contenta coa súa escritura.
Realmente, cando acabei de ler o primeiro poema, sabían que me gustarían os que
me esperaban por ler. E en efecto, quedei namorada con seus poemas, con cada
verso, con cada palabra, con cada sentimentos…. Os poemas de Lucía Aldao son
un conxunto de amor, cariño e sobre todo paixón. A min chamoume moito a
atención a súa maneira de transmitir os seus sentimentos, e recoméndolle a calquera
que se ten un anaco de tempo libre se anime a ler este libro. Seguro que non
vos defrauda.
Ademais podo
dicir que este é un dos mellores libros de poesía que lin ata agora. Hai un
poema en especial, que a min me gustou moito. Non sabería dicir cantas veces o
lin, nin cantas veces o recitei.
Chágoche en
taxi (iso é amor)
a plantar a
miña tenda de campaña no teu pazo,
a roubarche
corazón e cama
na túa casa de
múltiples y frágiles cerraduras
Veño con
caixas cheas de paciencia
e con
camións cheos de caricias
e buques a
rebentar de medo…
e coa
seguridade de non ser un máis
porque son
unha (uf…)
o cal
resulta moi simpático se non temos en conta
que temos
tantos problemas coma “tequieros”
pero eu
ámote ( iso é amor) a pesar do teu gen rabudo,
porque xa me
gustaches sempre
e agora non ía ser menos
porque
aplaudes a miña estrutura ósea
e o ángulo
que se me forma co nariz e a boca.
Fasme
guapísima.
Quérote polo
teu corpo e porque atada a ti
Aprendo
cousas boas de xente libre.
Que
contradición.
-Que
facemos, king-kongciña
Non se
erguen rañaceos a base de bicos.
Sen comentarios
Publicar un comentario