Comentario de Lucrecia Balagué Blanco
Ás de bolboreta
Rosa Aneiros
Xerais
Un café da cidade é o lugar polo que van transitar ao longo da mañá toda clase
de persoas con diferentes intereses e situacións persoais. Cadaquén coa súa
propia historia, remata por nos dar unha visión global da sociedade actual no
mundo. Ocorre en Santiago de Compostela, o Luzada. Patricia fíxose cargo dun
local, despois atoparemos a Eusebio e Lola, os anteriores donos do bar, que
loitan contra as dificultades da vellez e da perda progresiva de saúde e
mobilidade. Despois saberemos da señora Filomena, cuxo fillo está en misión
humanitaria co exército en Darfur e que sofre ao ver nos xornais os froitos da
violencia e da guerra. E de Manuel, un neno africano que non superou a morte da
súa nai adoptiva e só lle queda o seu avó.
Este libro trata temas e valores variados, o tema da vellez, a frustación das persoas anciás que teñen que abandonar o seu medio na aldea para vivir na cidade. A morte, un medo continuo co que debemos convivir, a perda da nai de Manuel fíxome recapacitar sobre a miña nai, as nais e mulleres do mundo hai que demostrarlles o noso amor todos os días, e non esperar a que sexa tarde e arrepentirte de non poder darlle dous bicos todas as mañás, as grazas por defenderte e apoiarte nos momentos máis difíciles e moitas máis cousas. A paz, dende diferentes perspectivas a través de diversos conflitos que teñen lugar ao redor do mundo, vivimos nun lugar onde estamos continuamente en guerra, se non aquí e aló, estemos onde estemos imos estar na mesma, saber que nos tempos dos nosos pais moitas familias choraban a perda dos seus fillos, menos mal que cambiaron as cousas, xa que non podería vivir sabendo que meu irmán ou alguén preto de mín estivera na guerra loitando polo noso país.
Recomendo este libro porque che fai recapacitar sobre distintas cousas, nas que non te pararas a reflexionar. Reflíctenos a época tan difícil que estamos a pasar, e que, por máis que o intentemos non podemos seguir adiante, sempre atopamos charcos, uns poucos fondos, e outros fondos, por máis que intentemos cambiar de costa, sempre veremos algún charco.

Sen comentarios
Publicar un comentario