ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/02/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Carla Filloy


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais

Esta sátira de Suso de Toro reflicte a avaricia das persoas, chegando  ao punto de procurar matar aos seus propios familiares por mor da herdanza, mesturando así traxedia e humor.
Ao principio o título non me chamou moito a atención pero foi comezar o libro e engancharme ás tolas aventuras de Rosa e familia. Recoméndovolo xa que ao contrario do que semella é un libro bastante doado de ler e é moi axeitado para pasar un bo anaco de tempo.
Persoalmente gustaríame moito ver esta obra de teatro no escenario.

1 comentario:

Nuno filipe dixo...

Non me gustou, agardaba outra cousa polo título e este non ten nada que ver.