Comentario de Mariña Castro Fontao
Todo ben
Manuel Rivas
Xerais
Todo ben
Manuel Rivas
Xerais
Este libro polo curtiño que é pareceume sorprendente que resulte tan
complicado de ler.
A maneira na que está escrito, tan enrevesada, poética e metafórica, fixo que
me perda nas palabras e non poña atención á historia.
Mesturando iso cos discursos sobre o fútbol, cos personaxes sen vida e co
difuso tratamento dos sucesos, acabou convertendo o pracer que debería ser ler
case nun calvario.
Demasiadas descricións de paisaxes e de lugares.
Demasiados nomes de personaxes acompañados con flasbacks que provocan que
te afundas máis na inopia.
Demasiados adornos para unha trama tan pobre.
Pasaba as páxinas sen saber o que poñía nas anteriores, pasábaas contando os
numeriños que quedaban para a final, a 126.
Tal vez se fose máis directo, resultaría máis ameno e fácil de ler.
Tal vez se cesaran as metáforas e empezara a acción podería facerlle unha
critica máis agradable.
Sen comentarios
Publicar un comentario