ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/02/14

Todo ben

Comentario de Marta Rivas Gestal



Todo ben
Manuel Rivas
Xerais
 
 
 
Libro confuso sen dúbida, demasiados personaxes, demasiados lugares e sobre todo partes escritas en brasileiro fan que este sexa moi complicado de ler. 
Ao ver que era curto, alegreime ,xa que me propuxen lelo nunha fin de semana, aínda que isto non puido ser posible ,xa que durante a tarde do luns tíveno que reler. Confunde, sobre todo ao principio, xa que non deixa as cousas nada claras.
Este libro non me gustou, penso que se faría máis ameno se dera máis explicacions e non enredara tanto con descricións e nomes.

1 comentario:

Rebeca Vilanova dixo...

Non é un libro moi doado de ler, aparenta o que non é. Despois de ler varias veces as mesmas páxinas, seguía sen entender ben a historia, non me decataba de moito. A medida que seguía lendo interviñan máis e máis personaxes que me desconcertaban por completo. E logo a historia do fútbol, que non é un tema que me agrada moito, é dicir, este libro non me gustou moito.