ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/02/14

Que me queres, Amor?

Comentario de Alberto García Fernández


 
Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia


   O libro non me gustou polo feito de que está composto por varios relatos e non teñen que ver uns con outros. Xa nunca me gustaron os libros divididos en relatos individuais, porque ao final sempre me acabo facendo un lío e olvidándome de partes.


   Conforme ía lendo ía mesturando cousas e houbo capítulos nos que non souben moi ben de que trataban, porque aínda pensaba no anterior.


   Os relatos que máis me gustaron foron " A lingua das bolboretas" e "Vostedes serán moi felices", este último déixate intrigado e faite pensar no que realmente lle pasará á parella; e o que menos me gustou foi "Unha flor branca para os morcegos", porque non lle atopei sentido e non o entedín moi ben.


   En resumo o libro non me gustou, aínda que ao principio tiña moi boa pinta, o peor é que é moi difícil enganchar de novo a ler unha vez que paraches o día anterior.
 

Sen comentarios