
Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais
Suso de Toro
Xerais
O autor deste libro cóntanos en
quince minicomedias as aventuras que lle pasaban cada día nos seus turnos de
garda a Chus Nespereira que é a doutora, Encarna Silva a enfermeira, Paulino
Pereiro o doutor, Cipriano Vilariño o celador e Dapena o xefe de Servizo de
Urxencias que son os principais personaxes. Aínda que non estou acostumada a
ler os libros de teatro, este foi o que máis me gustou de todos, xa que me
resultou fácil de ler e porque nalgúns capítulos fíxome rir coas situacións que
estaban a acontecer no hospital como por exemplo cando Paulino intenta ligar
coa enfermeira Encarna porque quere encontrar moza, ou mesmo que confunden as
operacións dos pacientes, as cousas que lle di Chus a Firuco por estar con todas
as mestras do instituto no que traballa el, etc. É un libro de humor para ir
superando todas as cousas que nos pasan na vida. Recoméndollo a todos os
lectores e tamén os que din que non lles gusta o teatro porque seguro que se van
rir e que lles vai gustar.
Sen comentarios
Publicar un comentario