ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

26/02/14

Que me queres, Amor?

Comentario de Uxía Mosquera



Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia



Este non foi dos mellores libros que lin, ao ler o título imaxineime un conto cheo de amor pero non foi así, o libro estaba separado en relatos e en cada un contaba unha historia diferente. A lingua de Manuel Rivas é simple de ler, clara, con palabras da vida rutinaria, todos os relatos que conta puideron suceder en realidade, ou aínda poden suceder na vida de calquera persoa. Uns dos relatos que máis me gustaron foron o de: "Que me queres amor?", "A lingua das bolboretas" e "Só por aí". Ao estar separado en relatos o libro non me enganchou debido a que non todos me gustaron, algúns parecéronme completamente aburridos, ao mellor se o autor desenvolvese máis os relatos que comentei anteS que me gustaban, pois así seguro que sería un libro excelente baixo os meus gustos.

1 comentario:

Mariana Carreño dixo...

Ben, deste libro podo dicir que máis ou menos me gustou, porque ten algo que descoloca e non comprendes que é o que ocorre.
Ao comezo do libro, pensei que me ía a enganchar pero ata chegar á terceira historia, máis ou menos, non comprendín o que acontecía e a relación que tiñan os relatos entre sí e isto fixo que non chegara a comprender algunhas das historias.
Creo, polo meu entender, que quere facer unha chamada de atención para todo o mundo, en xeral. O que resalta máis do libro é o xeito que ten de narrar as historias que pertencen a épocas moi diferentes.
En certo modo, recomendaría ler este libro, aínda que para eu para acabar de entendelo, debería volvelo a ler.