ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/02/14

Servicio de urxencias

Comentario de Laura Presas Mato


Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais




Este libro é unha obra teatral, escribiuse para facer unha serie na Televisión Galega. É un libro moi doado de ler, rin moito con el, trata dun centro de urxencias onde se atenden a todas as persoas estean ou non enfermas. Ten situacións cómicas coas que rin moito como a de cando o mozo de Encarna, Manolo, se namorou dunha vaca. O libro en si está ben, xa sea polo doado que foi de ler ou pola risa que me produciu. Aínda que non é un dos libros que acostumo ler volvería lelo só polas risas que se bota un. 

Sen comentarios