Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia
Manuel Rivas
Galaxia
Que me
queres, amor é xa o terceiro libro que leo de Manuel Rivas, polo tanto agora que xa
coñezo algo a súa forma de escribir; destacaría este libro non só porque é
fácil de ler grazas a que non é unha mesma historia senón que se divide en moitas, e cada unha distinta das outras. Unha delas é a famosa e fermosa “ A lingua
das bolboretas “ , eu xa coñecía esta historia porque no la mostraron na
película pero nunca vén mal rememorar e se é así pois moito mellor. Claramente
todas as historias están baseadas en épocas xa algo afastadas. É fácil de
entender por que suceden os feitos en cada relato. Ás veces dá como a sensación
de que o autor pretende achegar unha figura coñecida hacia o lector como en “A
leiteira de Vermeer” onde se ve reflexada a figura dunha nai.
Outro dos relatos que me
gustou moito foi o de “Un saxo na néboa” onde un neno aprende a
tocar o saxofón grazas ao amor. Resultoume peculiar a forma de describir que
tocar un instrumento é como estar namorado, tratas con delicadeza a música e o
instrumento, sénteste seguro e nunca só, sen cabida para os nervios, sempre
con seguridade.
Recoméndollo o libro a
aqueles que lles guste ler sobre o amor, as inxustizas, a risa, a tristeza,
etc.

Sen comentarios
Publicar un comentario