Comentario de Andrés Cangas
Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais
Este
libro foi do mellorciño que lin na miña vida, como é teatro foime moi fácil de
ler e ademais, moi entretido porque se le rapidísimo, aínda que pensei que me
ía custar un pouco, porque nunca lera nada de teatro, pero agora estou moi
contento de lelo por primeira vez porque é máis sinxelo para ler que a
narrativa, polo menos para min, quitando o principio, xa que non lle pillaba o
fío pero pouco a pouco funme mergullando na historia e acabeina entendendo.
Ademais, houbo partes coas que me rin de verdade pola propia retranca do autor.
A pesar de ambientarse nun hospital, o autor utiliza a ironía para sacar
sorrisos aos lectores, comigo conseguiuno. Moitas situacións utilizan dita ironía
e isto fai o libro moi ameno. Tamén me fascinou como o autor sabe mesturar un
ambiente que a priori nos parece triste cunha historia realmente divertida. O
que máis graza me fixo foi que os médicos tómanse a broma os pacientes,
confunden operacións…
En resumo, recomendo moito este libro para todo tipo de lector porque ata os máis preguiceiros disfrutarían co libro porque se le moi rápido e desfrútase moito. Para min un libro de 9, ou mesmo de 10.
En resumo, recomendo moito este libro para todo tipo de lector porque ata os máis preguiceiros disfrutarían co libro porque se le moi rápido e desfrútase moito. Para min un libro de 9, ou mesmo de 10.
Sen comentarios
Publicar un comentario