
Comentario de Martina Domínguez
Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia
Ao principio pensei que non me ía gustar demasiado e algunhas persoas dixéronme
que era un libro estraño pero cando o comecei a ler atrapoume. A primeira
historia pareceume moi interesante e ao seguir lendo máis comprendín como era o
libro, e como se ían desenvolvendo os relatos.
Algúns non os acabei de entender pero outros parecéronme moi conmovedores
como por exemplo o do mestre ao que mataron por ser comunista cando houbo a
Guerra Civil, ler como o pai ten que botar por terra os seus principios e as
súas ideas foi devastador igual que ver como o neno o insulta e sen saber por
que.
A verdade é que este libro pareceume unha boa chamada de atención á xente
en xeral, e o mellor é que o fai dende varios puntos de vista. Estes son
totalmente opostos e fan referencia a moitos ámbitos e situacións.
O que máis me chamou a atención foi como relata historias dende épocas tan
distintas.
Dos relatos que máis me gustaron está o de "Un saxo na néboa"
porque me encantou a metáfora de identificar ao home que maltrataba á muller co
lobo que supostamente a atacara e a calara para sempre. Pareceume unha historia
fermosa.
Tamén me gustou o de "A moza do pantalón pirata" e esa dureza e
crueldade coa que se conta o atentado que ían facer.
A de "Conga, conga" deixoume de pedra, o final pareceume
impresionante e quedei un pouco coa dúbida de que lle ía facer o home aos nenos.
Ben, finalmente só direi que recomendo a todo o mundo ler este libro para
adquirir unha nova visión da vida e de moita xente.
Sen comentarios
Publicar un comentario