ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/02/14

Servicio de urxencias



Comentario de Lucrecia Balagué Blanco


Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais



  
     Este libro produciume moita graza debiso as súas queince minicomedias, estiven indagando sobre el e decateime de que estas quince minicomedias preparounas el para a televisión, gustaríame velas na televisión; xa que, se son como aparecen no libro son moi boas. Estas series foton emitidas na TVG en 1989, dirixidas por Xaime Fandiño.  Algún día buscarei esa comedias en YouTube. Recomendo este libro á xente que teña sentido do humor. Houbo chistes que non entendín moi ben, pero non teño ningún punto negativo para este libro. Encantáronme os noivos que se intoxicaron no banquete da súa voda, o Papá Noel que recibe unha boa vareada. Ese capítulo foi o me máis me gustou e me fixo rir, con este libro chorei da risa, ten unhas ideas e unha bromas tan locas e extrovertidas, capta o punto de mira da xente. Eu creo que nestes tempos tan duros faríanos ben rir un pouqiño e deixar os malos tragos atrás. Estaría encantada de poder dar a coñecer este libro. O espacio reducido do servizo de urxencias de un hospital, as cabinas, as salas de espera, etc. serviulle de moito a Suso para poder propoñer unha divertida e agradable escenografía.

Sen comentarios