ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/02/14

Conta Saldada

Comentario de Ana Colmeiro Corral

Conta Saldada
Suso de Toro
Alfaguara




Conta saldada foi un libro que, aínda que corto, me gustou bastante.
É o primeiro libro que leo de Suso de Toro (que eu lembre) e gustoume a forma de escribir do autor así que me gustaría ler máis del.
Eu a verdade tiven moitos momentos nos que pensei que Catuxa estaba tola a causa da morte de seu pai. Ao final, cria que a ían matar pola precipitación de todo o plan e porque, aínda que a rapaza quería dar a sensación de muller dura, ela tiña medo.
Gustaríame seguir lendo sobre a relación de Catuxa e Xermán, malia que ao principio non parecían entenderse ben.
En verdade pareceume un libro orixinal e bonito, real e con un toque de ficción, que me conseguiu enganchar dende a primeira liña.

Sen comentarios