ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/02/14

Rapazas

Comentario de Aida Vilariño


Rapazas
Agustín Fernández Paz
Xerais






Para comezar farei un breve resumo do contido do libro.
Son seis breves historias que teñen todas como protagonista unha rapaza na fase da adolescencia. A primeira gustoume moito, recordoume a unha película que se estreou non hai moito. Fala dun extraterrestre que se instala no corpo dunha rapaza para investigar a forma de vida dos humanos, comeza criticándoa pero ao final acaba namorándose dela e queda a vivir no corpo da rapaza.
O segundo fala dunha pedra atopada na area dunha praia que supostamente dá sorte.
Non recordo moi ben a orde dos relatos pero sen dúbida un dos que máis me fixo cavilar foi o da historia de Ana, unha compañeira nova nunha clase na que predominaba o machismo e que pouco a pouco foi conseguindo que se tratara ás mulleres por igual.
Outro foi a historia dunha rapaza que se sentía orgullosa de súa avoa ata que se deu de conta de que tiña ideais racistas, aínda que isto non fixo cambiar o moito que quería a quería, sentiu unha gran tristura ao comprobar eses ideais.
A última historia fala sobre unha rapaza de oitavo curso que suspendera tres asignaturas e seus pais a mandaran todo o verán á vila donde se criara e onde vivían seus avós. Cando era pequena adoitaba xogar todo o día co seu amigo Pablo e no último verán que pasaran xuntos a relación de amizade fora trocando por unha relación máis alá de amigos. Pablo morrera había un ano afogado no río.
Durante ese verán Carme, que así se chamaba a rapaza, estivo visitando o lugar onde afogara o seu amigo e incluso soñaba todas as noites con el, comezaba a asustarse cando xunto coa súa avoa lle levou un ramo de rosas á tumba de Pablo. Quince días despois de levarlle as rosas, o pai de Carme veuna recoller para volver á cidade e cando Carme se dispoñía a recoller as súas cousas observou que enrriba da cama había dúas rosas das que deixaran no panteón.
En xeral as historias gustáronme moito, algunhas máis que outras, a que máis me gustou foi a primeira, o xeito no que o extraterrestre explicaba a vida dos humanos sorprendeume moito.
A outra que máis me gustou foi a da rapaza que intentou cambiar as inxustizas que vivía a muller no seu colexio e segue vivindo hoxe en día pero quizais non tan fortes.

Sen comentarios