ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/02/14

Que me queres, Amor?

Comentario de Julián Gómez Villamayor


 
Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia
 
 
 
 
Conta con dezaseis narracións dedicadas ao amor, cariño, melancolía, algunhas moi duras e con humor negro. A min gústanme máis os libros que contan unha soa historia ca este tipo. Cando empezo a collerlle o fío xa remata, teño que volver a empezar de novo con outra e pérdome lendo. Adoita acabar as narracións cun humor que ás veces non acabo de entender.
Un dos relatos que máis duro me pareceu foi "A lingua das mariposas", a boa relación que tiña Monchiño co mestre ata que descubriu que era anarquista. Cando o detiveron non podía conter a rabia
O capítulo máis gracioso para min foi o de "Conga, Conga" cando Pico o pallaso foi á festa de cumpreanos de Óscar e este encerrouno nunha especie de invernadoiro no que había un caimán.
As narracións desenvólvense en distintas épocas, algunhas actuais e outras remontan anos atrás.
Non é o tipo de libro que me gusta, porque non acabo de entendelo ben, aínda que recoñezo que é moi interesante.
 

Sen comentarios