A verdade é que este libro non me gustou. No primeiro relato, ¿Que me
queres, amor?, comecei a entender o que pasaba cando xa estaba a piques de
acabar de lelo e así pasou con algún dos outros contos. Por outra banda, algúns
resultáronme extremadamente aburridos e moi pesados para ler, o que menos me
gustou foi O míster & Iron Maiden.
Non todo é tan malo xa que
parecéronme fermosos dousrelatos, un é A lingua das bolborestas, que me
pareceu unha historia moi real pero baseada hai uns anos e Un saxo na néboa que
demostra como hai uns anos non había diñeiro e a xente tiña que emigrar e
como había xente que non tiña diñeiro para comprar a pasaxe, pedían cartos a
cambio de algo, neste caso un saxo. Só por aí gustoume pola sinxeleza
e a facilidade para lelo, pero por outra parte non me gustou a forma na que
Miro fai agardar os seus pais sen darlle noticias. O resto dos contos non me
gustaron, como xa dixen, porque non os entendín ou porque se me fixeron
demasiado pesados á hora de ler.

Sen comentarios
Publicar un comentario