ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/02/14

Conta Saldada

Comentario de Álvaro Villar Ferreiro

Conta Saldada
Suso de Toro
Alfaguara






Neste libro podemos observar o cambio de Catuxa, que tras a morte do seu pai se comporta dunha forma distinta.  O único obxectivo desta rapaza é vingar a morte do seu pai.
Sendo sincero teño que dicir que a primeira parte do libro non me gustou xa que na historia non hai escenas de acción. Outra cousa que non me gustou foi que Catuxa puidese ver a seu pai en forma de pantasma xa que me gustaría que ela seguise falando co seu pai a través da pantalla do ordenador.
O libro comezou a gustarme no momento no que Xermán e Catuxa  entraron no coche para ir buscar a Cotelo (asasino do pai de Catuxa) co obxectivo de facelo pagar pola asasinato. Tamén me chamou a atención o comportamento de Xermán que pese a non ser  irmán de Catuxa axudoulle  en todo, aínda que pode que el tamén o fixera polo diñeiro.
Aínda que o final é moi tráxico gustoume.
De menos a máis, así é este libro.

Sen comentarios