Comentario de Lucía García Rodríguez
Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia
Manuel Rivas
Galaxia
Eezaseis relatos curtos escritos por Manuel Rivas.
Sinceramente esperábame outra cousa. A xulgar polo título pensei que se
trataría dunha historia amorosa.
Non me chaman moito a atención os libros
que conteñen moitos relatos diferentes no seu interior. Algúns deles non os
entendín, non lle atopaba sentido polo que non me gustaron. Eses foron o de
'Cousas' ou 'A leiteira de Vemeer'. Outros gustáronme moito porque son
entretidos. As palabras son coñecidas e lense facilmente. Son 'A lingua
das bolboretas' cun rapaciño como protagonista, 'A moza do pantalón pirata'
polo final inesperado ou 'Conga, conga' porque me resultou gracioso. Estes
volvería a lelos con moito gusto.
Houbo unha frase coa que me quedei
e me gustaría destacar: «Unhas veces gáñase e outras pérdese. Hai que tomalo
con filosofía». Aparece no relato ' Unha flor branca para os morcegos'.
Manuel Rivas relatou ben os contos, pero o libro non
me acaba de convencer. Nin me gustou nin me desgustou.
Sen comentarios
Publicar un comentario