Comentario de Antía Buján
Os teus dedos na miña braga con regra
Olga Novo
Xerais
É a primeira vez que leo a Lupe
Gómez polo tanto cando collín o libro non sabía con que me ía atopar.
Abrín o libro en canto cheguei á casa, sinceramente esperábame outra cousa, é
dicir, poemas máis extensos, xa que os que lin eran extensos. Teño que
destacar algúns poemas:
“Berro
porque
necesito que
non me oian.”
“É mellor
chorar
que
tapar
a cara.”
“Quero amar
e non sei como.”
“Ameite sen palabras.”
E o meu favorito:
“Teño as mans
molladas
de pasar
chorando
contigo
todas as encrucilladas.”
Recoñezo que me gustan moito máis os poemas curtos xa
que son das persoas que pensa que se pode dicir moito en poucas palabras, ou
incluso sen ningunha. Lupe Gómez non se estende explicando o que pretende
transmitir, en realidade no meu caso non necesita explicarme nada, queda máis
que claro cada un dos seus poemas e cada sentimento que pretende transmitir a
través deles. Recoméndolle este libro a calquera que opine que as palabras
sobran cando os sentimentos falan.
Sen comentarios
Publicar un comentario