ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/02/14

O corazón de Xúpiter

Comentario de Aida Vilariño
 
O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
  
 
Para Isla foi moi difícil mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por pasar horas mirando os planetas a través do telescopio. Casiopea era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba  a miúdo. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. Así chegaron as longas conversas ata a madrugada, entre os dous existía algo máis que unha simple amizade cibernética. Isla quixo sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real.
Penso que esta é unha das novelas que te namora  e te engancha dendo o primeiro capítulo.
O tema das relacións cibernéticas segue sendo un perigo na actualidade, centos de adolescentes sofren namoramentos cibernéticos e no momento de coñecerse a outra persoa non resulta ser quen decía ser ou lle envían fotos persoais e logo son ameazados con ensinarllas a todos os seus coñecidos.
Persoalmente a min nunca me ocorreu nada parecido e tampouco creo que me ocorra xa que son demasiado desconfiada en certos aspectos, nunca mandaría fotos persoais a un descoñecido por moito tempo que levemos falando e moito menos quedaría con alguén que coñecín por Internet sen ir acompañada dalgún coñecido polo que poida pasar.
O final gustoume. Outra cousa que me gustou foi a sexualidade de Mar que expresa sen temor o que sente sen importarlle o que a xente diga ao respecto.

Sen comentarios