ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/02/14

Conta Saldada

Comentario de Rubén Lanzó Estévez

Conta Saldada
Suso de Toro
Alfaguara




É un libro cunha historia moi boa, elaborada e entretida, pero para min foi unha lectura pesada.
A situación da historia reflicte o amor aos teus pais e tamén os deles mesmos porque aínda que a muller parecía enfadada para min que estaba máis triste que outra cousa. A parte do fantasma era bastante incrible, pero o que máis me sorprendeu foi cando o “irmán” a  salvou  porque me pareceu realmente que Catuxa lle importaba aínda que fixese cousas que facían que parecera o contrario.
O libro tamén reflicte como á maioría da xente o que a move é o diñeiro e que só queren iso, o que é certo, pero que non é bo.
 

Sen comentarios