ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/01/14

Servicio de urxencias

Comentario de Alberto García Fernández


Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais





O libro pareceume bonito, porque me gusta o humor, lese rápido e é divertido.
   Trata sobre un centro de urxencias onde se atende a todo tipo de persoas, moitas delas sen necesidade de asistencia médica. O humor lévase a cabo con cada un dos personaxes, tomando de broma aos feridos, confundindo operacións e facendo todo tipo de falcatruadas.
   O libro en xeral está ben, gustoume o detalle de que todos os personaxes tiveran os dous apelidos iguais, a sobrealimentación de Paulino e os mozos, por chamalos de algunha maneira de Chus.
   Creo que este é un deses libros que se volven ler, porque ao final, cando o rematei, quedei con ganas de máis.
   Recoméndollo a calquera que se queira rir un pouco.
 

Sen comentarios