ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

10/01/14

Que me queres,amor?


Comentario de Isidro Gil Pallares


Que me queres,amor?
Manuel Rivas
Galaxia



Antes de que ler este libro xa vira a película que se rodou deste libro en Allariz. Sinceramente, gustoume esta experiencia, porque mentres ía lendo ía asociando e refrescando a  memoria do que acontecía na película.
Esta película adopta o nome dunha das historias ("A lingua das bolboretas"), que usa como fío condutor; na que vai enlazando algunhas das outras historias do libro ou detalles delas ("Un saxo na noite", "Carmiña",...).
Tíñanme dito que o libro estaba moito mellor que a película, pero eu non o considero así xa que son cousas que tiran por vías completamente distintas, polo tanto non son comparables. Só dicir que cada cal é moi bo no seu campo.
A historia que me chamou mais a atención foi "O Inmenso Camposanto da Habana", porque lle dou eu unha asociación entre “Pedro e o lobo” e un personaxe da tele (Felipe II de Land Róber). Xa que di algo  moitas veces e cando é verdade non o cren.
P.D: Non recomendo aos "Celtistas" coma min a historia "O Mistério & Iron Maiden": trata do Deportivo.

Sen comentarios