ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/01/14

Nós nus

Comentario de Antía Buján

Nós nus
Olga Novo
Xerais




Nós nus é  claramente un libro adicado á poesía erótica. Xa dende o seu comezo engaioloume coa súa mestura de palabras que incitan ó erotismo do corpo. Olga Novo sabe sen ningunha dúbida falar sobre este tema tan tabú na nosa sociedade. Este libro abre unhas portas cara a un lugar descoñecido e léndoo tes a oportunidade de tomar as súas palabras e formar a túa propia historia con elas, unha historia de amor a cal aparte do sexo, tamén é amor, aínda que en menor medida. Non adoito ler poesía xa que non é un xénero que me chame moito, polo tanto  nunca pensaría en poesía erótica. Resaltaría unha parte dun poema que me gustou: 
Quería saborear tódalas feituras da explosión do ocre, 
resolve-los aromas tristes en pracer excesivo 
e desnorta-lo repouso coma escindi-lo corpo 
ata consegui-las últimas figuras da caída libre.

Para terminar recoñezo que unha das frases que máis me namora desta escritora e de todo o libro é: “ Quen me dera ser gata para vivirte sete veces” Sen dúbida unha das frases máis bonitas que lin nun libro.

Sen comentarios