ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

02/12/13

Todos somos

Comentario de Juan Ares Pérez


Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais


A verdade é que este libro non me entusiasmou demasiado. Reflicte a desaparición dunha rapaza chamada Natalia, de tan só doce anos. Antón, os seus pais e os demais veciños da praza da Bichoca están desesperados. Nesa praza formouse un clima de dor, amargura, medo e tristura que os ten a todos cambiados. Os pais están preocupados pola seguridade dos seus fillos, mentres que os de Antón non deixan de discutir por parvadas. Por outra parte, está a reporteira Belén Soliño que o que unicamente quere é bater récords de audiencia no seu noxento programa, implicando ter que facer calquera cousa para conseguilo. Unha das axentes que leva o caso é Lina Souto, que se encariña de Antón debido ó estraño parecido cun rapaz secuestrado durante unha excursión, na que se atopaba responsable Lina, que era a mestra, e máis tarde apareceu morto. 
O libro fíxoseme moi repetitivo, case sempre contando o mesmo, nada novo, simplemente laiándose coa desaparación da nena, o que provocou manifestacións e outros sucesos. En fin, en xeral o libro non me decepcionou, pero podía estar moito mellor, engadindo máis feitos á trama e facéndoa máis interesante e entretida. Ademais, gustaríame saber como rematou a investigación: se encontraron a Natalia (viva ou morta), se nunca se chegou a atopar... non sei, para min a historia quedou baleira, incompleta.

Sen comentarios