ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/12/13

Reencontro

Comentario de
Alberto García Fernández




Reencontro
Fred Uhlman
Galaxia




O libro conta a historia de dous rapaces de dezaseis anos: Hans, un rapaz xudeu de familia acomodada, moi tímido e sen amigos, e Konradin, descendente dunha das familias máis ricas e con máis pestixio de Alemaña.
 Os dous rapaces coñécense cando Konradin chega á mesma escola á que vai Hans. Ningén se atreve a falarlle a Konradin polo seu apelido, que o sitúa nun lugar moi alto. Hans intenta chamar a sua atención e fanse amigos ata que as cousas se poñen "feas" en Alemaña e Hans ten que marchar. Despois de moito tempo chégalle unha carta a Hans dos falecidos en Alemaña que ían na súa escola, le os nomes , e aparece o de quen fora o seu mellor e único amigo, "Konradin".
  Este libro gustoume, aínda que me decepcionou o seu final, lese  moi rápido e  é moi bonito.
  Recomendaríallo a calquera.

Sen comentarios