O lapis do carpinteiro
Manuel Rivas
Xerais
Este libro non conseguiu engancharme quizais polo
contexto histórico ou porque a maioría dos feitos ocorren no cárcere pero é
totalmente distinto aos que lera ata agora. Non podo dicir que non me gustase
porque a historia de amor entre Marisa e o doutor da Barca é moi
fermosa. Resultoume impresionante a forma na que Manuel Rivas te fai sentir cada
detalle como se o estiveses vivindo na túa propia pel coa súa maneira de
redactar e capacidade imaxinativa.
Hai moitas cousas coas que me quedo pero teño que
destacar unhas liñas que me chamaron moito a atención facéndome reflexionar
sobre infinidade de cousas : “Todos soltamos un fío, como os vermes da seda.
Roemos e disputamos as follas da moreira, pero ese fío, de se cruzar con
outros, de se entrelazar, pode facer un fermoso tecido, un pano inesquecible.”
De verdade que non teño palabras! Non é soamente ler senón que te fai
recapacitar sobre moitos aspectos que ao mellor nin sequera lle dabas
importancia.
Recomendaría este libro a calquera persoa sen
establecer ningún tipo de idade.
Sen comentarios
Publicar un comentario