ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/12/13

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Carlos Mato

A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
 
 
Dende que me mandaron ler este libro, non pensei en absoluto que me ía gustar, o título non me agradou nada. Cando o comprei, a portada chamoume moito a atención, despois de ler o argumento seguía sen atraerme así que pasei de lelo ata hai relativamente pouco. 
Cando comecei a historia pintaba aburrida pero gustábame a maneira detallista na que a escritora contaba todo porque che permitía entendelo como se estiveses alí, e observase precisamente como di no título "A evolución de Calpurnia Tate".
A relación co avó sorprendeume bastante porque normalmente os avós sóense levar mellor cos netos pero neste libro era ao revés. entendíanse perfectamente. Sentinme un pouco culpable cando a súa nai
lle di que celebre a presentación á sociedade xa que ela non puido, porque nós temos moitos privilexios que os nosos pais non puideron. 
Ao final terminei por engancharme á historia unha vez que descubriran esa pranta nova, ata a última das páxinas. De feito agora alégrome de haber lido este libro, porque é unha novela orixinal chea de momentos divertidos e entrañables, e ata me gustaría que houbese segunda parte.

Sen comentarios