ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/12/13

Made in Galiza

Comentario de Alberto Fariña

Made in Galiza
Séchu Sende
Galaxia





Xusto me deu por ler este libro nunhas semanas nas que estiven facendo un vídeo para a clase  de TIC e como non podía ser doutra maneira o vídeo era a prol do galego, e, como non, o libro axudoume a facer un pouco o guión do vídeo. Creo que o único que me gustou menos do libro, é que sexan tantas historias. Pero do resto non teño queixa. Encantoume, Sechu Sende encontra unha maneira boísima de representar o sentimento que temos os galegos de rexeitar o galego, como por exemplo no ámbito formal, cando imos ao médico, ou o feito de que pais galego-falantes lles ensinen aos seus fillos a falar en castelán. O libro encántame porque fai unha critica moi boa e ademais as historias que forman o libro, aínda que a min me parezan moitas, son moi boas e moi fáciles de ler. Recomendaríalle o libro a calquera galego, para min é un moi bo libro e que sen dúbida non tardarei en volver a ler.

Sen comentarios